IES MARÍA SARMIENTO. VIVEIRO

a

Actividades económicas

Tradicionalmente Galicia foi unha comunidade agraria na que tiña moito peso a aldea como escenario da maior parte das relacións económicas e sociais. Pero hoxe as actividades produtivas galegas están inmersas nun proceso modernizador que corre paralelo a outros procesos salientables, como o crecemento urbano e a terciarización.
Certo que en conxunto pervive unha diferencia xeográfica, de modo que se pode afirmar a grandes liñas que as zonas máis occidentais xeran o 75% da produción e máis do 65% do emprego en actividades económicas fundamentalmente non agrícolas. Pola contra, as zonas orientais (provincias de Lugo e Ourense) teñen máis do 30% da poboación activa ocupada no sector primario.



ACTIVIDADES DO SECTOR PRIMARIO (agrario e pesqueiro)
Imos sacar conclusións a partir dos datos estatísticos:
Distribución de terras Consellería do Medio Rural. Anuario de Estatística Agraria, 2012


Evolución da distribución das terras

Distribución de cultivos (http://www.medioruralemar.xunta.es/fileadmin/arquivos/estatisticas/2010/31101/2012/31101_Distr_GruposCultivos_2012.pdf)





Importancia económica do sector primario


Evolución da poboación ocupada na agricultura e pesca en Galicia, en miles de persoas (Fonte: INE. Encuesta de Población Activa)


A gandería achega o 66% da produción do sector primario galego e supón case a cuarta parte da cabana total do país. A maior parte da cabana gandeira está formada por reses vacunas de leite, aínda que o gando para carne vai gañando espazo.
Pero, dentro do sector primario, o desenvolvemento do sector pesqueiro galego é notable, tanto no volume da flota (Galicia posúe case o 40% dos barcos españois), como no volume de poboación activa (emprego directo e indirecto) como no das estruturas e industrias auxiliares (portos, almacéns frigoríficos e industrias transformadoras). Isto pode explicar que Galicia sexa tamén a principal porta de entrada dos produtos da pesca procedente doutros países.
As actividades pesqueiras en Galicia podémolas dividir en pesca extractiva, marisqueo e acuicultura.Só un terzo das capturas consómense en Galicia, o resto expórtase: o 75% ao resto de España e o 25% a outros países. A flota de altura en rexións afastadas cada día descarga menos nos portos galegos. Estase xeneralizando o transporte das capturas en avións de gran capacidade desde os portos locais ata os aeroportos dos mercados consumidores.
Vexamos algúns datos (podes obter moitos máis aquí):

- Buques pesqueiros




- Lonxas

- A acuicultura segue a medrar, non así os ingresos xerados polo sector que, no 2009, resentan cifras incluso inferiores ó 2007.


- Frota pesqueira por provincias (2009)


- Frota pesqueira por caladoiros (2009)

- Industria conserveira



ACTIVIDADES DO SECTOR SECUNDARIO
O sector secundario foi crecendo en emprego de poboación activa (á dereita, os datos de 2009), aínda que o sector está lonxe, polo que representa con respecto ao PIB, doutras comunidades autónomas máis desenvolvidas.
Cotexa a situación de Galicia no contexto español en canto a empresas activas e cifra de negocios.












As industrias galegas localízanse fundamentalmente no litoral e concéntranse en Vigo, A Coruña e Ferrol. Pese a que Ourense e Lugo construíron polígonos industriais en 1964, a súa importancia é menor no conxunto económico rexional. Por sectores e por orde do valor da produción destacan a industria alimentaria, a fabricación de materiais de transporte, estaleiros e industria do automóbil, a produción de madeira, cortiza e mobles, e a siderurxia. Séguenlle de lonxe os produtos téxtiles e a confección, a maquinaria e o equipamento, e a industria do papel. A crise económica das décadas de 1970 e 1980 afectou ás principais industrias (estaleiros, siderurxia e metalurxia) e aos dous grandes centros fabrís de Vigo e Ferrol, que sufriron a finais da década de 1980 un duro, aínda que necesario, proceso de reconversión.
Para o desenvolvemento deste sector resulta fundamental a inversión en I+D. Compara a inversión de Galicia coa de España e a de España coa da UE.





ACTIVIDADES DO SECTOR TERCIARIO
O sector servizos presenta unha estrutura pouco dinámica, pese a que, xa no 2005, ocupaba o 59% da poboación galega medrando a costa do descenso no sector agrícola.
A pesar da expansión dalgunhas empresas financeiras (caixas e bancos como Caixa Galicia ou o Banco Pastor) e do sector de distribución e comercio, Galicia aínda posúe un déficit importantes en servizos públicos (necesita mellorar especialmente as comunicacións). Tamén resulta excesivo o número de empresas familiares do sector, caracterizadas pola súa limitada influencia no ámbito local e a súa baixa produtividade.
O sector turístico presenta algunhas carencias na súa dimensión empresarial, pero mellorou moito durante os últimos anos do século XX, apostando polo turismo ecolóxico, rural, os balnearios e o turismo cultural, como o ligado ó Camiño de Santiago. Tamén intenta atraer o turismo de congresos e exposicións.