IES MARÍA SARMIENTO. VIVEIRO

a

Oroxenia e rochedo

Galicia está situada no extremo Noroeste da Península Ibérica, entre os 6º-9º de lonxitude Oeste e os 43º-41º de latitude Norte.
Ocupa unha extensión de case 30.000 Km2, cunha poboación de ............. persoas e unha densidade media de .............., notablemente superior á media española (...........).














Os seus límites veñen dados por factores físicos e históricos
  • Polo Norte, o límite natural do Océano Atlántico e o Mar Cantábrico
  • Polo Leste, limita co Principado de Asturias e as provincias castelano-leonesas de León e Zamora, actuando como liña divisoria varios accidentes xeográficos: o curso setentrional do río Eo, unha depresión meridiana e as serras dos Ancares, Courel, Eixo e Segundeira.
  • Polo Sur, o trazado da fronteira con Portugal ten no curso baixo do Miño un claro límite xeográfico mentres que nas terras ourensás non conta con ningún accidente físico destacable (a raia seca)

OROXENIA
En conxunto o relevo de Galicia resulta elevado e compartimentado, cun claro contraste topográfico entre as terras baixas costeiras e as terras elevadas do interior.
Máis da metade da superficie está comprendida entre os 200 m e os 600 m, unha altitude media baixa, pero abundan as montañas, outeiros, vales fluviais e costas, sendo escasas as superficies aplanadas. 


Na formación do relevo convén destacar dúas oroxenias (procesos de formación de montañas debidas ós movementos das placas tectónicas)
1.- No Paleozoico, hai case 2 millóns de anos, as terras de Galicia estaban emerxidas como resultado da oroxenia herciniana, formando parte do antigo Macizo Hespérico. A erosión converteu o macizo en penechaira sobre a que avanzan ou retroceden as augas do mar (transgresión e regresión mariña) durante a Secundaria.



2.- A oroxenia alpina do Terciario provocada polo choque da placa africana contra a eurasiática, fixo que zócolo ríxido quebrara en fallas de estrutura xermánica (graben e horst, ou o que é o mesmo fosas e piares tectónicos) dando lugar a serras e depresións (o Macizo Galaico; as rías -os graben quedan cubertos polo mar-; As Pontes, Monforte ou a Limia corresponden tamén a fosas tectónicas) mentres que os materiais máis brandos como as calcarias pregaron en sinclinais e anticlinais.

Unha animación sinxela para ver o mecanismo das fallas en estrutura xermánica

Prega tombada do Caurel, o maior da Península, visible grazas á erosión

Tratase dun sinclinal (parte cóncava da prega) no que o seu eixe de flexión (charnela)era orixinalmente vertical, pero que as forzas tectónicas tombaron horizontalment. Sobre o sinclinal estaba o anticlinal (parte convexa) curvado en dirección inversa e tombado, pero desapareceu pola erosión.


Un ben visible sinclinal na serra do Eixe


Falla de Viveiro, 140 Km de lonxitude (dende o Cantábrico ata o Courel). O bloque afundido é a parte occidental.Ó Leste dominan rochas graníticas (plutónicas) e no Oeste dominio do ollo de sapo (metamórficas)

3.- O glaciarismo cuaternario actúa de xeito importante nas cordilleiras altas como na Serra do Courel, nos Ancares ou na Serra da Queixa onde perviven lagoas en antigos circos glaciares.

Finalmente os procesos erosivos vinculados ós cursos fluviais (canóns do Sil, terrazas fluviais de Monforte), xunto coa acción humana posterior remataron por modelar as actuais formas do relevo.




Vexamos a animación de acción glaciar

Terrazas fluviais

O mecanismo da formación de terrazas podemos velo nesta animación

Sedimentos deixados no leito do río



ROCHEDO



Se na Península existen tres áreas diferenciadas do rochedo (silícea, calcaria e arxilosa), vemos que en Galicia domina a área silícea, con rochas ígneas e metamórficas como granito, gneis ollo de sapo, xistos. Son rochas duras pero que fallan e fracturan en diáclases horizontais e verticais o que determina un característico modelado da paisaxe: cristas agudas en alta montaña, formas redondeadas nas montañas máis baixas, berrocais, bolas, penedos e pedreiras nas ladeira, e as orixinais rochas cabaleiras, as pías ou as marmitas de xigante nos cursos dos ríos.

Tamén encontramos áreas de rochas sedimentarias, con areniscas, lousas, calcarias. Nelas o modelado kárstico configura covas, canóns, surxencias,...


Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo,unha das manifestacións kársticas máis importante de Galicia


O Macizo do Pindo e á súa paisaxe granítica



Outras formas da paisaxe galega



Agora fai os exercicios