IES MARÍA SARMIENTO. VIVEIRO

a

Hidrografía

Como consecuencia das moitas precipitacións, en Galicia son abundantes as augas correntes superficiais e as subterráneas. Ríos e regatos aparecen en tódalas zonas, mentres as lagoas son menos frecuentes



1. RÍOS
Os ríos galegos, organizados en dúas vertentes (atlántica e cantábrica), presentan unha serie de características comúns entre as que destacan:
  • Un réxime regular cun máximo en inverno-primavera e un mínimo en verán.
  • Caudal abundante.
  • Curso curto (algo máis longo nos atlánticos).
  • Corren encaixados en moitos tramos do seu percorrido como consecuencia do rexuvenecemento do relevo galego durante a oroxenia Alpina.
Na zona costeira os ríos aparecen organizados en numerosas cuncas, debido á proximidade das serras ó mar, e carecen de xerarquizaión porque a miúdo cada conca só contén un río importante. Pertencen ó réxime pluvial, é dicir, alimentándose soamente das augas das choivas, cun mínimo en verán e un máximo en outono ou inverno. Os máis significativos van desembocar no fondo dalgunha ría.
Na Galicia interior existe unha gran arteria estruturadora da rede fluvial: o conxunto Miño-Sil. Unicamente no sur de Ourense, o Limia e o Támega quedan fóra dela. Estes ríos presentan un réxime no que as neves poden ter importancia, tendo en conta que eles ou os seus afluentes nacen ou recollen as augas das serras orientais, nas que a neve pode chegar a ser abundante. Polo tanto, o seu réxime é pluvio-nival, presentando dous máximos: outono-inverno polas choivas e primavera pola fusión das neves.





Desembocadura do Miño

Algunhas curiosidades:
  • Ó desembocar en mares abertos, as correntes mariñas arrastran os sedimentos mar a dentro, quedando a desembocadura libre e creando esteiros en forma de funil
  • O Miño presenta no seu tramo final, entre Ponteareas e Tui, o aspecto de curso alto con fortes rápidos, mentres por Lugo discorre coa calma correspondente ó curso medio. A razón está na oroxenia e o afundimento-levantamento de bloques.
  • O Xallas é o único río de Europa que desemboca nunha fervenza (tamén por levantamentop de bloques). Hoxe a fervenza queda pechada dende que se construiu o encoro un puco máis arriba.VER
  • A maioría contan con illas na desembocadura, son montes-illa en medio das chairas cubertas por sedimentos
  • Nas zonas de moita pendente discorren encaixados entre as rochas, como vemos nos canóns do Sil
2. LAGOAS

Pese á un clima tan tan chuvioso como o galego, escasean a lagoas. A razón está no tipo de solos e o tipo de rochas que non se presta a estas formacións hidrográficas.
Xunto cos humedais continentais nas depresións sedimentarias interiores ou as lagoas de orixe glaciar (lagoa de Lucenza no Courel), teñen alta representación os humedais marinos e costeiros: estuarios, lágoas-barreira, mareales, marismas, ...
No norte do Ferrol, en Valdoviño, está a lagoa da Frouxeira e no sur a de Doniños. Outras importantes son as de Carregal, preto de Corrubedo ou a de Baldaio en Carballo As frechas litorais deixan unha entrada pola que penetra o mar cando sobe a marea.

Lagoa de Loucenza
Lagoa de Doniños
Lagoa da Frouxeira
Lagoa de Baldaio

A súa especial significación para a fauna e a flora debe levar á súa preservación por riba de calquera acción especulativa, sen embargo moitas áreas lacustres foron desaparecendo debido á acción antrópica (recheos, desecacións…).

Vexamos dous casos de desecación de humedais:

  • A lagoa de Antela (na Limia), era un dos humedais máis importantes na Península, pero foi desecada nos anos 50 aducindo a necesidade de saneamento do terreo e o seu aproveitamento para usos agrícolas. Hoxe preténdese recuperar parte das charcas que sobreviven.
    Conta cunha fermosa lenda.
  • As lagoas de Cospeito na Terra Chá, zona de humedais, foron tamén desecadas na década dos 60 e polas mesmas razóns. Hai que recordar que foron terras de colonización na etapa franquista (Zona de Colonización de la Tierra Llana), en Cospeito e Castro de Rei creáronse preto de 160 "unidades familiares de explotación" nas que se establecron familias doutras partes de Galicia, e de Asturias, León e Santander. Fai anos emprendeuse a súa recuperación e pertence a Rede Natura de espacios protexidos.
    Por suposto, a lágoa tamén conta coa súa propia lenda.
Un caso ben particular de lagos é o novo lago artificial de As Pontes.de García Rodríguez (A Coruña). A mina de carbón a ceo aberto explota da por Endesa nesta localidade cesou a súa producción no 2007 despois de 30 anos, deixando unha conca de 250 m de profundidade. No marco da recuperación ambiental (obrigada por lei) da zona, decidiuse crear no baleiro un lago artificial que contará tamén cunha praia. Encherase, xa case o está actualmente, grazas á escorrentía e ás aportacións do río Eume, xunto coas doutros de menor caudal.
O novo lago será o máis grande de Galicia e un dos maiores de España, contando con 18,5 km de perímetro. Pese á grandiosidade da obra, tamén hai críticos. Uns fano por mor do impacto climático pois esa gran masa de auga será a causante de néboas e máxima humidade, tanto en inverno como en verán; outros aluden a que por estar asentado sobre unha falla, a auga non ofrecerá resistencia algunha ós movementos tectónicos; algúns refírense ó exceso de profundidade e ó enorme volume da auga embalsada que poden plantear riscos imprevistos.
En calquera caso, resulta interesante ver o proxecto (pica sobre a maxe para ver un video de Endesa)



3.- AUGAS MINERAIS
As fontes de augas minerais sí son abundantes como consecuencia das numerosas fallas existentes, que fan aflorar en mananciais as augas subterráneas. Poden ser quentes, como as famosas Burgas de Ourense e as Caldas repartidas por toda a rexión, ou non. Polas súas propiedades de tipo medicinal, son utilizadas en balnearios ou son envasadas.


4. APROVEITAMENTO DAS AUGAS

Os muíños son tradicionais xeitos de aproveitar as correntes fluviais, pero en Galicia contamos con muíños que aproveitaban as augas de pequenos regatos construíndo os muíños na pendente dunha ladeira.
Os encoros teñen especial relevancia no río Miño. O embalse de Belasar construído no 1963 supuxo a desaparición da vila de Portomarín que quedou cuberta polas augas.