IES MARÍA SARMIENTO. VIVEIRO

a

Dominios climáticos. Climogramas

En Galicia podemos diferenciar ata  seis variantes climáticas, ademais das áreas de transición.


     Oceánico húmido
     No litoral noroccidental




Oceánico hiper-húmido, nos arredores de Santiago.
As precipitacións superan os 1.500 mm anuais


Oceánico continental, na zona central e nas depresións.
Amplitude térmica superior a 13º



Oceánico húmido con tendencia á aridez. Nas Rías Baixas.
A escaseza de precipitación é notable, especialmente no mes de xullo.
As temperaturas moi suaves, incluso en inverno




Oceánico con matiz mediterráneo
Na depresión de Ourense, no val do Sil e no val medio do Miño. As precipitacións son as máis baixas de Galicia, entre 800 e 900 mm,
e a aridez é superior á que se presenta na zona anterior


Oceánico de montaña
Nas Serras Orientais e nos rebordos da Meseta de Lugo. As temperaturas son moi baixas, con invernos entre 0 e 4º



OS CLIMOGRAMAS

Un climograma é un gráfico de dobre entrada (temperaturas e precipitacións) que permite representar visualmente os trazos dun clima posto que presenta as variacións térmicas e pluviométricas mensuais ó longo dun ano, figurando os meses no eixo horizontal. A miúdo indica a amplitude térmica, de non ser así habería que calculala.
Meses áridos son aqueles nos que as precipitacións quedan por debaixo da liña de temperaturas (índice de Gaussen= P<2t).





Nesta páxina vemos con máis detalle todo o que se recolle no climograma

Para analizar un climograma debemos comezar pola súa presentación e logo ir tratando por partes:
  • Temperaturas: media anual, amplitude térmica (máis de 10º indica que é alta), distribución ó longo do ano, media do mes máis cálido (son veráns cálidos cando algún mes supera os 22º) e do mes máis frío (consíderase inverno frío se algún mes non supera os 6º, e suave se é superior ós 10º)
    Esta primeira aproximación xa nos permite deducir se estamos cerca ou lonxe do mar
  • Precipitacións: total anual, mes máis húmido e mes máis seco, distribución estacional, regularidad ou irregularidade (son irregulares cando hai máis de dous meses secos*), aridez (un clima é árido se presenta máis de 7 meses secos, entre 4 e 7 sería semiárido, entre 1 e 3 sería semihúmido, e se non hai ningún mes seco será clima húmido)
Para concluír, atribúese a un clima e a unha área xeográfica, xustificando de acordo cos factores que o determinan.


EXERCICIO