En Galicia entran en contacto a rexión vexetal Eurosiberiana (caracterizada por bosques de folla caduca) e a Mediterránea (con bosques de folla perenne), polo que a súa vexetación ten un carácter mixto.
De tódolos xeitos, a vexetación que hoxe podemos observar na nosa terra non é a vexetación clímax, é dicir, a característica e propia da zona, xa que talas, repoboacións e incendios foron alterando a paisaxe orixinal. Así, as carballeiras non ocupan máis que o 1% do territorio e as uceiras e queirugas, que anteriormente podían representar case un 50%, son hoxe bastante máis escasas.
Desde o punto de vista fisionómico pódense clasificar as comunidades vexetais en comunidades arbóreas, arbustivas e herbáceas. Unha clasificación sinxela tendo en conta a localización da vexetación, levanos a falar de:
- Vexetación litoral. Nos penedos que dan ó mar son típicos os fiúnchos e a herba namoradeira. Nas desembocaduras dos ríos, as xunqueiras e os canavais. En dunas e praias medran cardos, cebolas do mar, uñas de gato (especie invasora procedente de Sudáfrica).
- Vexetación interior. Resulta moito máis variada, incluíndo os bosques, as landas e o prado.
En canto ao arboredo hai que resaltar a forte penetración do eucalipto, especialmente na Mariña luguesa, e a presión das coníferas diante das frondosas.
- Vexetación interior. Resulta moito máis variada, incluíndo os bosques, as landas e o prado.
En canto ao arboredo hai que resaltar a forte penetración do eucalipto, especialmente na Mariña luguesa, e a presión das coníferas diante das frondosas.
1. No bosque caducifolio dominan os bosques mixtos das fragas e soutos cun sotobosque de uces, toxos, fentos, xestas e sanguiños, entre outras especies arbustivas.
-As fragas, con predominio de carballos, aparecen sobre todo nas cuncas dos ríos. No cuadrante suroriental, sometido a unha maior continentalidade climática, este tipo de bosques deixa paso ás reboleiras de carácter mediterráneo e incluso, nas áreas con maior incidencia da seca estival, ós aciñeirais.
- -Os soutos de castiñeiros están moi espalladas por Galicia, pero as grandes masas atópanse en Belesar e Chantada. O seu froito tivo enorme importancia na alimentación ata que se estendeu o cultivo da pataca e do millo. No Courel consérvanse os sequeiros, construción propia para a seca das castañas
Xunto a carballos e castiñeiros, as árbores dominantes, abundas freixos, acivros, salguerios e bidueiros (nas beiras dos ríos). Vemos algunhas das árbores:
- -Á faia non lle vai ben o solo galego granítico polo que a súa presenza queda limitada ó leste de Ourense e suroeste de Lugo.
- -Os ameneiros están presentes nas ribeiras dos ríos xunto con salgueiros e bidueiros, servindo para conter as riadas.
- -Os piñeiros actuais, son, en boa medida, froito de repoboacións. Existen distintas variedades, entre elas o piñeiro silvestre e o piñeiro do país.
- -Os eucaliptos son froito de plantacións recentes, abundan nas costas, xa que non soportan as xeadas. Ofrece alto rendemento para elaborar pasta de papel. Á dereita, eucaliptos mesturados con piñeiros no Souto da Retorta en Chavín, declarado Monumento Nacional, onde se encontra o eucalipto máis grande de Galicia e posiblemente de España. Foron plantados a mediados do s. XIX para drenar o terreo e protexelo das inundacións.
- -Tanto a aciñeira como a sobreira son especias mediterráneas polo que só aparecen en áreas moi descontinuas e de localización moi concreta, por exemplo no val do Sil.
2. A landa ou matogueira formada por queirugas, uces, toxos, xestas, acibros, entre outras especies, ocupa bastante extensión en Galicia e pode ser resultado da degradación das carballeiras ou permanecer no seu estado natural. En moitas ocasións conviven cós piñeiros a modo de sotobosque. Un tipo particular de queirugais son as brañas, formadas en zonas de turbeira.
3. Os prados aparecen no fondo dos vales, ribeiras e ladeiras baixas de terreos húmidos.
Para rematar con bo sabor de boca, escoitamos unha canción que nos evoca a herba namoradeira (¿recordas a tradición en San Andrés de Teixido?).
Sobre o poema de Cunqueiro, Luís Emilio Batallán canta Quen puidera namorala
Unha completa páxina sobre árbores e plantas (a pesar de que o título parece limitar o contido, non é así). Tamén a Xunta de Galicia ten unha completa información (en temas-espazos protexidosm e en publicaicóns-árbores).