IES MARÍA SARMIENTO. VIVEIRO

a

Mapas do tempo




Pola súa latitude, Galicia queda entre dous centos de acción fundamentais: por unha parte, as altas presións subtropicais, e, por outra, as baixas presións noratlánticas. Entre ambas circulan os ventos do oeste, que, no caso de Galicia, son alterados pola configuración orográfica.





Os centros de acción que máis afectan ó noso clima son:
- dous dinámicos: o anticiclón das Azores e a depresión de Islandia
- dous térmicos: o anticiclón que se forma na Europa Central durante o inverno e envía ventos fríos do Norte; e o anticiclón que se forma no verán no interior da Península
Con esta dinámica atmosférica prodúcese unha sucesión de tipos de tempo característicos de Galicia, aínda que só imos ver algún. Antes da análise dos tipos de tempo convén recordar a distribución das masas de aire que xa vimos

Os tipos de tempo defínense pola dominancia da circulación atmosférica coa conseguinte entrada de masas de aire.
Nos mapas do tempo en superficie, preséntase a situación sinóptica coa representación de anticiclóns, borrascas e frontes.


Tempo con adveción de Nordés
Entrada de Pc (ola de frío)
Tempo con advección do Sur
Entrada de Tm e Tc
Tempo con advección do Norte
Entrada de Pm ou Am

Na web de AEMET podes ver os mapas do tempo

E algo que nos sona de fai ben pouco, días 8 e 9 deste mesmo mes de novembro, as cicloxéneses explosivas, neste caso denominada Becky. Pero temos outras anteriores, o ano pasado en xaneiro do pasado ano 2009 (Klaus) e en febreiro de 2010 (Xinthya).
Unha cicloxénese explosiva, chamada tormenta perfecta, non é nada máis que a formación dunha borrasca moi profunda e en moi pouco tempo: a presión descende entre 20 e 22 mb en menos de 24 horas.

Estas son as imaxes do Meteosat dos dias 23 a 25 de xaneiro de 2009, ¡Klaus en acción!





E aquí está Xynthia




CURIOSIDADES. ¿De donde veñen os nomes?
A Organización Meteorolóxica Mundial, desde 1953, ten organizadas seis listas de nomes propios femininos e masculinos (as primeiras listas foron só de nomes de muller) para denominar os furacáns e os tifóns. Unha vez qur se empregaron as seis listas, volvese a comezar pola primeira. Mira os nomes das listas (a páxina está traducida con Google).

Pero desde 1954, o Instituto de Meteoroloxía da Universidade Libre de Berlín, encargase desde 1954 de dar nome a anticiclóns e borrascas (só para Europa) e, desde o 2002, ofrece a posibilidade de adoptar tanto unha borrasca coma un anticiclón. Vai á páxina.
O proceso é simple. Cada ano pon en venda 27 nomes ordenados do A ó Z, que un pode comprar para poñerlle o nome á borrasca ou ó anticiclón. Habitualmente hai que dar máis dunha volta ó abecedario, sempre sen repetir os nomes.
Mira a relación de nomes para 2013. Ves que algúns xa están asignados e que son nomes de home, porque vanse alternando de ano en ano, e tamén verás que aínda queda algún libre.
Os prezos oscilan entre 299 € no caso dun anticiclón e 199 € dunha borrasca. Son máis caros os primeiros porque ó ser máis estables o nome mantense máis tempo, cuestión de marketing ... O padriño recibe un documento acreditativo das características do seu afillado.
Pois, !qué tontada¡. O importante é que os fondos recaudados serven para financiar estudios sobre o clima, isto é o importante. Así, que podes animarte e dar nome a un anticiclón ou a unha borrasca que acabará por aparecer nos mapas do tempo.

Aquí tes un exemplo dun mapa do tempo cos nomes que xa se tiñan comprados




EXERCICIOS