Abaixo ves a cantidade total de poboación en Galicia e a súa distribución por provincias. A provincia con máis poboación era A Coruña mentres Ourense ocupa o derradeiro lugar.
Dúas son as características principais da demografía galega:
- o índice de de avellentamento, calculado como o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20, que acadaba nese mesmo ano o valor de 136,9, é dicir, por cada 100 mozos menores de 20 anos residían en Galicia 137 maiores de 65 ou máis anos.
No gráfico inferior aparecen reflectidos só os maiores de 80 anos, varóns e mulleres.
É o alto envellecemento, acadado polo aumento da esperanza de vida, o que eleva as taxas de mortalidade, superior á media española e compartida con outras comunidades autónomas.
- a emigración ó exterior que foi alta na primeira metade do século XX (a países americanos primeiro, a Europa despois), atenuouse posteriormente pese ó éxodo rural.
Actualmente o saldo migratorio (datos do 2008) faise positivo por mor da chegada de persoas procedentes do resto de España e do estranxeiro, áinda que se manteña a saída de efectivos de poboación.
O saldo vexetativo (nacementos menos defuncións) resulta negativo, a pesar do leve incremento dos nacementos rexistrado a partir de 1999.
Dúas son as características principais da demografía galega:
- o índice de de avellentamento, calculado como o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20, que acadaba nese mesmo ano o valor de 136,9, é dicir, por cada 100 mozos menores de 20 anos residían en Galicia 137 maiores de 65 ou máis anos.
No gráfico inferior aparecen reflectidos só os maiores de 80 anos, varóns e mulleres.
É o alto envellecemento, acadado polo aumento da esperanza de vida, o que eleva as taxas de mortalidade, superior á media española e compartida con outras comunidades autónomas.
Actualmente o saldo migratorio (datos do 2008) faise positivo por mor da chegada de persoas procedentes do resto de España e do estranxeiro, áinda que se manteña a saída de efectivos de poboación.
O saldo vexetativo (nacementos menos defuncións) resulta negativo, a pesar do leve incremento dos nacementos rexistrado a partir de 1999.
En canto á distribución, result moi irregular e cunha densidade está en 93,6 hab./km², algo superior á media española.
A pesar da gran cantidade de núcleos que se dispersan por toda a rexión, a metade da poboación vive na costa atlántica, e sobre todo no contorno de Vigo e A Coruña. O desequilibrio demográfico entre o litoral e o interior fraguouse xa no s XVIII, debido fundamentalmente á industrialización do litoral, á introdución de novos cultivos e ó desenvolvemento do comercio marítimo; desde mediados do s XX acentuouse o fenómeno da concentración costeira e urbana, acompañado da regresión da poboación rural, grazas á emigración xa citada e á industrialización.
Pola súa parte, o poboamento caracterízase pola dispersión dos asentamentos e o policentrismo urbano que dá a Galicia un dos maiores índices de densidade de poboación rural. Un dato ilustra a dispersión do poboamento galego: da totalidade de núcleos de poboación recollidos no nomenclátor de España, case a metade corresponde a Galicia.
Dous feitos parecen explicar esta dispersión:
Dous feitos parecen explicar esta dispersión:
- un de tipo xeográfico, como resultado da compartimentación do relevo, que impide a continuidade do espazo cultivadoO hábitat (forma en que se distribúe a poboación) característico de Galicia é a dispersión en pequenos núcleos. Non predomina a dispersión absoluta (casas illadas unhas das outras) nin grandes poboados distantes os uns dos outros como sucede, por exemplo, en Castela.
- outro histórico e que se pode remontar á Idade Media: a tendencia á división da propiedade e a explotación agrícola ó longo da historia. Curiosamente, o cambio dunha economía agraria a outra máis industrial consolidou a dispersión, e será o establecemento de servizos o que poderá evitala, se ben o fenómeno da segunda residencia, segue a dar lugar a núcleos pequenos modernos.
A aldea converteuse dende a Idade Media no núcleo básico do poboamento rural de Galicia. Configurase como un pequeno núcleo que inclúe un territorio cuns límites moi precisos e que consta dunha serie de elementos: casas e edificacións necesarias para albergar as colleitas e os rabaños, terras destinadas ao cultivo de froiteiras, hortas, terras de labranza e bosques e espazos incultos en xeral. ¿Recoñeces na imaxe algún deses elementos?
¿Onde se sitúan as aldeas?
- Nas zonas montañosas e cando ocupan a ladeira sur, están a media pendente, pero cando se ubican na ladeira norte aparecen a maior altura. En todo caso,as parte máis alta destínase á labranza de secaño, como o centeo; as hortas están nas inmediacións das vivendas; na parte baixa os prados aproveitando a auga por medios de regas
Nas áreas máis secas, as ladeiras están traballadas en socalcos para un mellor aproveitamento do terreo
- Nas chairas, prefiren ocupar un outeiro.

- Na costa buscouse un lugar protexido onde se constrúe o peirao.
Cando a poboación comezou a medrar, a partir do século XI, foi preciso anovar terreos ata entón incultos para poder producir máis alimentos. Nas novas terras de labor fundáronse novos núcleos de poboación que recibiron o nome de vilares, lugares e casais.
O vilar adoita ser unha fragmentación do espazo da aldea, en especial das terras que foran gañadas ao bosque; co tempo poden chegar a constituír un núcleo independente. Casal e lugar, en troques, adoitan indicar un hábitat disperso, é dicir, explotacións illadas establecidas en terreos recentemente anovados e formadas por moi pouquiñas casas.
Neste proceso de ocupar novas terras tiveron un papel importante os monxes que fundaron mosteiros por toda Galicia, e que, ademais, puxeron en marcha numerosos centros de explotación agrícola (granxas) que co tempo deron lugar tamén a aldeas que conservaron recordo desta orixe na súa toponimia, con nomes como A Graña, Grañal ou A Granxa.
A finais do século XIII a paisaxe rural de Galicia era, no esencial, similar á que perviviu até épocas moi recentes: unha rede de poboamento densa na que a aldea é o elemento principal, e que se completa coa presenza dun poboamento máis disperso formado por lugares, granxas e casais que eran núcleos con pouquiñas casas e que mesmo, neste último caso, podía estar constituído por unha única vivenda illada.
Unha especial relevancia segue a manter a parroquia, nacida xa na época sueva, As primeiras parroquias eran moito máis extensas (comprendían máis territorio) que as actuais e incluían varias igrexas (freguesías) que se encargaban de atender a un número variable de aldeas. Posteriormente esas igrexas foron adquirindo relevancia e, a partir de fins do XII, asumiron a función parroquial converténdose nas parroquias de territorio máis reducido que chegaron até os nosos días.
Ademais da súa función relixiosa, foron para as comunidades campesiñas o marco de convivencia fundamental. No adro da igrexa parroquial comentábanse as novas, poxábanse a cera e a esmola de determinadas prácticas relixiosas, organizábanse as festas, facíanse os negocios e tamén recibían sepultura os mortos. A igrexa parroquial constituíu o centro da organización social; a parroquia pasou a ser a principal referencia para os veciños que se sentían moi vinculados a ela. Cada parroquia tiña, ademais, un territorio e un patrimonio propios, que normalmente era un conxunto de montes explotados de forma colectiva.
Así escribe Otero Pedrayo no 1927:
“ A parroquia é a reunión de lugares compostos cada un por un número pequeno de veciños e formando a mesma freguesía. A igrexa é o centro de reunión, o seu lugar dá nome á parroquia; á saída de misa, sobre a terra do adro vense os amigos, fanse contratos, danse os recados, exprésanse opinións, saúdanse os forasteiros. O paisano é da parroquia, non do concello: o señor Perfecto Cabanelas é do lugar de Souto do Río na parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo. Aninguén se lle ocorre dicir que é do Concello de Canedo”.
A cidades son entidades maiores e con gran diversidade de servizos. Hai sete idades que superan os 50.000 habitantes. Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Lugo e Santiago de Compostela, pero existen tamén 145 centros de mercado que se asentan en cidades históricas e centros comarcais. A situación actual amosa:
- unha clara contraposición entre as provincias do interior, maioritariamente regresivas, e as provincias atlánticas que, pese ás notables variacións internas, conforman un eixo expansivo, o eixe atlántico.
- un débil sistema urbano principal constituído por sete cidades, das que ningunha acadou o estatuto de capital económica ou centro referente para o conxunto do país. Fíxate que a nivel nacional, entre os municipios de maior número de habitantes só aparece Vigo.
- O carácter excéntrico e periférico do conxunto do sistema a respecto dos eixes dinámicos de desenvolvemento da Península
EXERCICIOS